Asociación Emigrantes Retornados da Mahia

Subvencións a concellos – mancomunidades de concellos e consorcios locais para axudas a inmigrantes dentro do plan de acción 2006

A Comunidade Autónoma galega participa nos últimos anos do crecemento que a poboación inmigrante extracomunitaria está experimentando en España. A administración Pública do Estado, a través do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais, e as Comunidades Autónomas, conscientes destas necesidades, elaboraron no ano 2005 un Marco de Cooperación para a xestión do Fondo de Apoio á Acollida e a integración de Inmigrantes así como o Reforzo Educativo dos mesmos, para que, con fondos das administracións autonómicas e do Estado, se realizen accións de acolleita e integración de inmigrantes extracomunitarios. A creación deste fondo polo Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais, supuxo un medio eficaz de cooperación entre as Administracións e permitiu axuntar esforzos para definir obxectivos e desenvolver programas e actuacións en materia de integración de inmigrantes.

O crédito destinado a este fondo foi incrementado no ano 2006, correspondéndolle á Comunidade Autónoma de Galicia 2.671.820€ para a realización dos programas e actuacións que están recollidos no Plan de Acción para o ano 2006, aprobado de común acordo pola Secretaríade Estado de Inmigración e Emigración do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais e pola Secretaría Xeral de Emigración.

Dentro das actuacións do Plan de Acción para o ano 2006 publícase a presente Resolución dirixida a concellos, mancomunidades de concellos e onsorcios locais cun importe de 1.379.306,45€, dado o papel trascendental que desempeñan os entes locais por ser a contorna onde teñen lugar a maioría dos procesos de integración

Resolución

Resolución do 3 de xullo de 2006, da Secretaría Xeral de Emigración, pola que se regula a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a concellos, mancomunidades de concellos e consorcios locais, para a realización de programas destinados a favorecer os procesos de acollida e integración da poboación inmigrante extracomunitaria na Comunidade Autónoma galega durante o ano 2006.

Convocatoria

Diario Oficial de Galicia, do 12 de xullo de 2006

Prazo de presentación

12 de agosto 2006

Solicitudes

As solicitudes e documentación correspondente remitiranse a:

  • Secretaría Xeral de Emigración.
    Rúa dos Basquiños,2
    15781 Santiago de Compostela (A Coruña).
Ano

2006

Información adicional

Consultar a resolución.